facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
En galego, agora e sempre
14/10/2011
En Galicia está moi arrizada a cultura da morte. No Día de Defuntos énchense os camposantos de xentes para renderen homenaxe á memoria dos seres queridos.
Unha tradición que debería ser dedicada á restitución da cultura e idioma de todos os que nos precederon. Porque se Galicia segue a ter aínda hoxe cultura e lingua de seu,  débeselle aos millóns de galegos e galegas que viviron, cantaron, amaron e choraron na nosa lingua. Urxe, xa que logo, restituír a memoria colectiva,  e a mellor maneira de facelo é substituindo as lápidas en castelán por outras en galego. O seu legado cultural é merecente de tal homenaxe. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia está a promover  diversos actos en colaboración con varios concellos galegos para levar adiante este proceso.


ARQUIVOS ADXUNTOS