facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
27/12/2017
Adiante Galicia - Os que queren non poden e os que poden non queren
Velaí o dilema no que estamos atrapelados desde hai ben tempo. Para resolvelo debemos saír deste encerello admitindo que son moitos e diversos os axentes causantes desta parálise. Nada de aplicar razóns cartesianas e simplificadoras, porque a responsabilidade ao tempo que está xerarquiza, tamén moi repartida e non admite maniqueísmos.
17/12/2017
El Progreso - En galego ata despois da morte
Cemiterio en Paradela. Na pequena necrópole de San Facundo de Ribas de Miño (Paradela) o galego está moi presente, xa que o 99% das lápidas son nesta lingua. Isto converte ao cemiterio nun caso único porque na comunidade só unha de cada mil tumbas se atopa en galego, explica a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
22/11/2017
Galicia Confidencial - O galego, un idioma dos vivos e dos mortos
Por que non facer as despedidas dos nosos seres queridos en galego? O Concello de Ames presenta 'Galeg@ para sempre', campaña de fomento do noso idioma no ámbito funerario á que xa deron o seu visto e prace varios relixiosos.
14/11/2017
CARME PÉREZ VAQUERO GALARDOADA CO PREMIO SAN MARTIÑO DE NORMALIZACIÓN LINGúÍSTICA NO ÁMBITO GALEGO.
O martes 14 de novembro de 2017 celebrouse no Teatro Principal da Estrada o acto de entrega dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística que outorga todos os anos a Asociación Cultural O Brado.
01/11/2017
Faro de Vigo - Tanamañó asina un convenio co Concello a prol da galeguización
O tanatorio redondelán facilitará o uso do idioma en necrolóxicas ou lápidas funerarias
26/10/2017
Faro de Vigo - Codeseda Viva, Mario Franco e Carme Pérez, Premios San Martiño de Normalización
Os galardóns, que convoca O Brado, cumpren a súa vixésimo sétima edición e serán entregados o 15 de novembro
12/10/2017
Faro de Vigo - A memoria da lingua na paisaxe
A paisaxe galega atesoura unha rica memoria cultural e lingüística que definíu ao pobo que a habita. Cada anaco da súa terra: montañas e serras, fragas, soutos, carballeiras, ríos e rías, lameiros e veigas son escenarios con cadaseu nome, e todos eles evocadores do imaxinario popular. De aí que os seus habitantes mantivesen unha forte unión entre a lingua e a paisaxe; entre a cultura e os espazos xeográficos aos lles foi poñendo nomes para identificalos, alusivos ás súas peculiaridades ou propiedades naturais.
12/10/2017
La Region - A memoria da lingua na paisaxe
A paisaxe galega atesoura unha rica memoria cultural e lingüística que definíu ao pobo que a habita. Cada anaco da súa terra: montañas e serras, fragas, soutos, carballeiras, ríos e rías, lameiros e veigas son escenarios con cadaseu nome, e todos eles evocadores do imaxinario popular. De aí que os seus habitantes mantivesen unha forte unión entre a lingua e a paisaxe; entre a cultura e os espazos xeográficos aos lles foi poñendo nomes para identificalos, alusivos ás súas peculiaridades ou propiedades naturais.
10/10/2017
Adiante Galicia - A memoria da lingua na paisaxe
A paisaxe galega atesoura unha rica memoria cultural e lingüística que definíu ao pobo que a habita. Cada anaco da súa terra: montañas e serras, fragas, soutos, carballeiras, ríos e rías, lameiros e veigas son escenarios con cadaseu nome, e todos eles evocadores do imaxinario popular. De aí que os seus habitantes mantivesen unha forte unión entre a lingua e a paisaxe; entre a cultura e os espazos xeográficos aos lles foi poñendo nomes para identificalos, alusivos ás súas peculiaridades ou propiedades naturais.
23/09/2017
La región - Miguel Ángel, un ourensán precursor da galeguización
A Deputación de Ourense concedeulle o premio Ourensanía a Miguel Ángel González “por ter sido,se cadra, o deportista ourensán que máis altas cotas de recoñecemento acadou no ámbito internacional que nunca esqueceu as súas raíces, que aínda hoxe reivindica dentro e fóra de Ourense”. Tales foron os méritos que o xurado considerou para tal distinción institucional.


[10 items - Páxina 1 de 1]