facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
09/05/2019
Faro de Vigo - Pagar en galego
Desde hai un mes circula profusamente polas redes sociais unha campaña da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística instando á cidadanía a facer a declaración da renda en galego. Participan nela moitas persoas e coñecidos personaxes públicos. É un dereito que nos asiste como contribuíntes, e que a Axencia Tributaria como un órgano da administración do Estado recoñece. De feito xa existen formularios no noso idioma.
13/04/2019
Galicia confidencial - A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística denuncia o "desinterese" de Facenda polo galego
Critica que a aplicación para presentar a declaración da renda ten "varios erros ortográficos e gramaticais".
09/04/2019
Sermos Galiza - 'EN GALEGO. É LÓXICO'
De Manolo Rivas a Luís Zahera: rostros da cultura apoian o movemento pola declaración da renda en galego
02/04/2019
EU DECLARO EN GALEGO. POR DEREITO!
A Asociación de Funcionarios/as para a Normalización Lingüística (AFNL) presenta a campaña “Eu declaro [a renda] en galego. É lóxico. Por dereito”.
04/01/2019
Faro de Vigo - Himnos e bandeiras
A conmemoración do aniversario do estreno do Himno Galego celebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego d´A Habana, tráeme vellas lembranzas, que, malia o tempo transcorrido, teñen para min un especial significado polas impresións que me causaron, e pola transcendencia social e política que tiveron.
28/12/2018
Galicia Digital - Himnos e bandeiras
A conmemoración do aniversario do estreno do Himno Galego celebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego d´A Habana, tráeme vellas lembranzas, que, malia o tempo transcorrido, teñen para min un especial significado polas impresións que me causaron, e pola transcendencia social e política que tiveron.
23/12/2018
Galicia Confidencial - Máis Galicia, máis Europa
Despois de que España asinase en Estrasburgo, en 1992, a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, o Tratado internacional foi ratificado en 2011. Desde entón, a cada pouco, un Comité de Expertos encárgase de facer un seguimento do seu cumprimento. Tal comité é un instrumento deseñado para protexer e promover as linguas, e para axudar a crear as condicións idóneas que lles permitan aos falantes desas linguas (40 millóns) usalas na súa vida pública e privada.
20/12/2018
Galicia Digital - Máis Galicia, máis Europa
Despois de que España asinase en Estrasburgo, en 1992, a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, o Tratado internacional foi ratificado en 2011. Desde entón, a cada pouco, un Comité de Expertos encárgase de facer un seguimento do seu cumprimento. Tal comité é un instrumento deseñado para protexer e promover as linguas, e para axudar a crear as condicións idóneas que lles permitan aos falantes desas linguas (40 millóns) usalas na súa vida pública e privada.
14/12/2018
Xornal de Vigo e comarcas - A Xunta di que en “breve” tamén haberá sinalización en galego no Cunqueiro
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou este venres que a Xunta tentará solucionar “en breve” o problema da falta de sinalización en galego no complexo hospitalario do Álvaro Cunqueiro tal e como denunciou hai unhas semanas a Irmandade Sanitaria Galega (ISAGA).
11/12/2018
La Region - Carlos Velo, unha vida de cine
A Fundación Carlos Velo celebra no Liceo de Ourense un acto baixo o rubro “O Carlos Velo que coñecimos” ao que fun convidado. Como non vou poder asistir, quéronme sumar ás voces convocadas para contar desde este xornal as vivencias que tiven co noso cineasta, relatando como e cando o coñecín e que relación tiven con el, amais dalgunha anécdota que partillamos xuntos.


[10 items - Páxina 1 de 1]