facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
COUSELO, MEMORIA E IDENTIDADE
28/10/2017
No adro da igrexa de San Miguel de Couselo, en CuntIs, celebrouse un dos actos de reafirmación da memoria lingüística promovidos pola Asociación de Funcionarios para a Normalización lingüística de Galicia que se veñen sucedendo desde hai ben anos no País.
O alcalde do concello descubríu unha placa que recorda a importancia que tiveron tantos seres anónimos na transmisión da lingua galega “Na memoria dos que aquí xacen, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”. O Secretario Xeral de Política Lingüística remachou a importancia destes actos de reafirmación da lingua galega en todos os ámbitos do periodo vital das persoas. O concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística do concello de Cuntis fixo un pequeno repaso das vicisitudes da lingua galega na historia. O crego-párroco tamén participou no acto aludindo á necesidade de utilización do galego na liturxia. Manuel Campos, membro da Asociación de Funcionarios, fixo un breve relatorio dos obxectivos da campaña “En galego, agora e sempre”. O secretario da Asociación de Funcionarios referíuse á necesidade de crear conciencia lingüística valéndonos dunha axeitada pedagoxía. Sonia, veciña de Couselo,  deu lectura ao poema “Nos cimiterios” de Rosalía de Castro. Carme Vaquero deu lectura á acta de vontades que asinaron os veciños e veciñas participantes do acto. Judith, veciña da parroquia, deu lectura a súa manda testamentaria dirixida ao seu fillo Hugo. Tamén outras persoas deron lectura ás súas mandas testamentarias. O alcalde de Cuntis manifestou o apoio que desde o concello se lle vén dando á campaña “En galego, agora e sempre”. O trio de corda KALEKOI composto por Judith Rey Iglesias, Carlos Cabaleiro e Raúl Iglesias, interpretou varias pezas do reportorio musical galego mentres moitos dos asistentes asinaban a acta de derradeiras vontades.