facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Gargamala, romance incompleto.
24/07/2017
Na literatura galega son abondosas as referencias poéticas a lugares e parroquias que os seus veciños e veciñas memorizaron. Gargamala é un deses lugares e foi Celso Emilio Ferreiro quen o inmortalizou na súa obra “Longa Noite de Pedra”.
Na literatura galega son abondosas as referencias poéticas a lugares e parroquias que os seus veciños e veciñas memorizaron. Gargamala é un deses lugares e foi Celso Emilio Ferreiro quen o inmortalizou na súa obra “Longa Noite de Pedra”.
 

Representando á Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia falou Xosé González Martínez. Carlos, un meniño da parroquia con gran esforzo e orgullo deu lectura ao poema de Celso Emilio.

O fillo do poeta, Luís Ferreiro, evocou a figura do seu pai e os motivos da súa presenza polas terras de Mondaríz que posiblemente lle inspiraron o poema.

A Deputada da Deputación de Pontevedra, Montse Magallanes, valorou o gran traballo que veñen desenvolvendo os alumnos da Escola de Canteiros de Poio para restaurar  e engrandecer o patrimonio artístico da provincia.  A Presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Gargamala falou en representación dos veciños e veciñas da parroquia agradecendo a colocación do monumento.

O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, contextualizou o poema na historia local do concello. Os gaiteiros e pandereteiras de Gargamala puxeronlle música a este sinxelo pero emotivo acto de recuperación da memoria histórica de Galicia.
 
 


Galería fotográfica