facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Homenaxe Xosé González Martínez
31/03/2017
O pasado día 31 de marzo a Pousada de Soutomaior foi o escenario dunha merecida homenaxe a un home que forma parte xa, indiscutiblemente, da historia contemporánea de Galicia, o amigo e compañeiro Xosé González Martínez.
Celebrouse pois o inicio dunha nova andaina no percorrido dunha vida marcada polo compromiso, a autenticidade, a amizade, o traballo arreo, a imaxinación,  pero sobre, tal e como él mesmo a define, como a dun home sinxelo preocupado pola restauración cultural e lingüística de Galicia.
 
Desde aqueles primeiros anos no entorno industrial de Teis, da súa mocidade no ambiente escolar dos xesuitas dos pobres, daquela primeira etapa de formación do Grupo O Castro co Padre Seixas pasando polo compromiso cívico-político na loita antifranquista, no que é coñecido polo sobrenome de Pepiño de Teis, e logo a partir de 1979 que empeza a ser coñecido como Pepe de Redondela, ten percorrido un longo camiño que chega a moitísimos sectores da sociedade:  xustiza, administración pública, empresa, festas, sanidade, consumo responsable, etiquetaxe comercial, rememoración histórica e cultural,  derradeiras vontades, etc...
 

Máis de 180 persoas, representativas de sectores diversos (empresarial, administrativo, político, cultural e social)  estiveron presentes na homenaxe dando boa conta dese concepto de transversalidade que Xosé González  sempre busca en todo o que fai.
 
A louva do homenaxeado correu a cargo de Camilo Nogueira que o coñeceu na década dos 60 cando Pepe era un rapaz -cunha madurez inhabitual para a súa idade- e el era o presidente da Asociación Cultural de Vigo.
 
Tamén Xoaquín Monteagudo Romero, presidente da Asociación de Funcionarios e da Irmandade Xurídica Galega louvou a súa figura desde o coñecemento persoal e a amizade desde a década dos 70, aqueles anos universitarios de loita antifeixista e reivindicación nacionalista.
 
Xurxo Martínez González, o seu continuador ao fronte do SNL do Concello de Redondela, resaltou a súa dedicación constante ó país desde a súa xuventude ata hoxe.
 
Carme Vaquero, amiga e compañeira no concello de Redondela, foi a condutora do acto e presentou o libro titulado XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ: MESTRE DE VONTADE ENERXÉTICA onde máis de 50 persoas significativas de Galicia  aportan a súa visión a súa biografía ainda non escrita.
 
Valentín García Gomez, Secretario Xeral de Política Lingüística, entregoulle unha placa de plata da Xunta de Galicia en agradecemento aos servizos prestados á lingua e a cultura do País.
 

O escultor José Molares, que non puido estar presente no acto, agasallou a Pepe cunha escultura denominada “gratitude” en proba da súa amizade.
 
 
De todas e todos os asistentes e tamén doutros que non estaban pero participaron no agasallo, Pepe recibíu un fermoso lenzo do pintor Caíno.
 
O acto estivo amenizado musicalmente pola gran fadista María do Ceo, acompañada á guitarra polo seu marido e á frauta traveseira pola curmán de Pepe, Judith Rey Iglesias.
 


Ver galería fotográfica

Dercargar libro