facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Día da Restauración da Memoria Lingüística en Ponteareas
27/10/2016
No cemiterio municipal de Ponteareas celebráronse os actos conmemorativos do Día da Restauración da Memoria Lingüística, que comezaron coa descuberta dunha placa alusiva ao agradecemento a todos os devanceiros que fixeron posible que Galicia aínda sega a ter lingua e cultura de seu.
Guillermo Rodríguez, director de “A Peneira”, fixo unha sentida intervención para salientar a importancia de manter encesa a memoria dos que en vida se expresaron en lingua galega. A concelleira de normalización lingüística,leu un poema de Rosalía de Castro, “No cemiterio de Adina”, que expresa a relación que nas comunidades parroquiais existe entre os vivos e os mortos. Xosé González Martínez, en nome da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, salientou os paradoxos que  se observan a cotío nos que os familiares dos defuntos se expresan en galego e as lápidas en castelán, convidando aos presentes a restaurar a memoria lingüística dos defuntos colocando novas lápidas ecritas en galego, lingua que que falou o defunto.

O señor alcalde, Xosé Represas, abondou no mesmo argumentario e sinalou a importancia pedagóxica do acto que se celebraba para chamar a atención sobre a pervivencia da lingua galega máis aló da vida.