facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
EN BERRES, TAMÉN EN GALEGO
30/11/2011
Nos eidos nativos dos escritores do Rexurdimento galego, Marcial e Avelina Valladares, celebrouse outro acto máis da campaña "En galego, agora e sempre" programados pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia.

Nesta ocasión levouse a cabo da man do Concello da Estrada. No cemiterio parroquial de Berres descubríuse unha placa na memoria de todos os que ali están soterrados, e puxéronse outras dúas aos pés dos sartegos dos irmáns Valladares. A participación dos vecinos foi masiva. A música púxoa a Coral Polifónica da parroquia.