facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Ambito social
Zenith Replica Watchesfranck muller replica
Aínda que as máis das actividades desenvolvidas pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística teñen como obxectivo o ámbito institucional, algunhas delas teñen que referirse obrigatoriamente ao ámbito social, xa que, as administracións públicas relacionanse indiferentemente cos cidadáns, coas  entidades e /ou co ámbito privado.

A lingua galega ten acado cotas de presenza e uso en moitos sectores da sociedade,  nomeadamente no asociacionismo cultural e mesmo nas relacións interpersoais. Pero non así no comercio e empresas onde maioritariamente seguen a estar enquistados os prexuízos lingüísticos. As actividades mercantís  realízanse exclusivamente en lingua castelán, conculcando deste xeito os dereitos lingüísticos dos usuarios e consumidores.  Inercias e prexuízos lingüísticos movado replicamestúranse para daren pé a unha realidade que as institucións públicas, por mandato constitucional, deben corrixir.
Porque a Lei de Normalización Lingüística encoméndalles aos poderes públicos crearen as condicións necesarias para que a lingua galega acade novos espazos da vida social e económica.  A  cooperación da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística coas institucións públicas  é necesaria para estender o uso da lingua galega noutros usos sociais.