facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Ambito cooperativista
replica omega planet ocean
A economía galega ten unha parte importante no movemento cooperativo. Un sector no que ata agora  non se tiña realizado ningunha acción para a súa galeguización e do que dependen máis de 24.000 empregos. As máis de 1.000 cooperativas activas en Galicia hoxe, son empresas que producen bens de consumo que chegan aos mercados galegos etiquetados practicamente na súa totalidade en castelán, e é ahí onde a Asociación incide unha vez máis: a normalización da lingua na etiquetaxe dos produtos que chegan aos nosos mercados, a rotulación interior das empresas incluindo as relacións entre empresa-traballador,  etc…

Seguindo na liña que ata agora vén levando a cabo a nosa Asociación realizouse un exhaustivo traballo de campo entre empresas insistindo e promovendo a utilización da lingua galega tanto na etiquetaxe dos seus produtos como na rotulación e utilización do galego nas relacións empresa-traballador.