facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Ambito vinícola
movadao replica watches
A Asociación vén realizando un exhaustivo traballo de galeguización de sectores empresariais en Galicia. Como exemplo podemos indicar a galeguización do sector vinícola que dende hai 5 anos pasou de ter un 2,72% de empresas galeguizadas (12 sobre 440 adegueiros e colleiteiros) á nada desprezable porcentaxe do 30,68% que hoxe en día utilizan o noso idioma (125 adegas galeguizadas) tanto na etiquetaxe dos seus viños e licores como na publicidade que fan nos distintos soportes e medios de comunicación.

Este traballo deu lugar as seguintes accións:
  • A campaña “Colleita 2004: Máis Galega” durante o periodo 2004/2005 na que se fixo unha grande incursión no sector vinícola cunha campaña na que se promovía a galeguización das adegas de Galicia.
A.Lange Sohne replica Watches
  • A campaña de correo masivo “Colleita 2007: Máis galega” que incidíu novamente no sector vinícola para a súa galeguización ao longo dos primeiros meses de 2007 para promover a galeguización das etiquetas entre os adegueiros e colleiterios de Galicia.
  • A campaña  “Deixa que o viño fale: consume viños etiquetados na nosa lingua”  desenvolvida no mes de decembro de 2007 na que se inseriron anuncios publicitarios na prensa escrita galega de maior tirada e en multitude de blogs na rede para incidir na sociedade en xeral ao consumo dos nosos viños de calidade etiquetados na nosa lingua.
  • O libro “A fala dos viños” no que recollen as adegas que no ano 2007 etiquetaban os seus envases en galego: 105 adegueiros e colleiteiros que foron quenes de aceptar a nosa mensaxe e publicitar o seu produto de calidade na nosa lingua.
  • A campaña de correo masivo “Colleita 2008: Máis galega” que incidíu novamente no sector vinícola para a súa galeguización ao longo do primeiros semestre de  2008 para insistir no proceso de galeguización do sector vinícola.
  • No ano 2007 promoveuse unha “Declaración de apoio á campaña pola etiquetaxe dos viños en galego” entre personalidades e institucións públicas na que se incidia nos seguintes aspectos:
1. O uso da lingua galega na etiquetaxe reforza a vinculación do produto coa sociedade, a cultura e a terra nas que xorde,  e esa  vinculación das mercadorías galegas con Galicia é un dato avaliado favorablemente, non soamente polos consumidores galegos,  senón tamén fóra do noso país.
2. Por todo isto, os representantes das institución públicas e personalidades asinantes sumámonos á campaña de normalización lingüística "Deixa que o viño fale. Escolle un viño etiquetado en galego", comprometéndonos a que nos actos protocolarios, caso de  servírense viños, teñan preferenza os etiquetados en lingua galega.
  • A campaña de prensa “Deixa que o viño fale: consume viños etiquetados na nosa lingua” desenvolvida no mes de decembro de 2008 na que se inseriron anuncios publicitarios na prensa escrita galega de maior tirada así como na rede e coa que se pretende, un ano máis, provocar o consumo responsable e coherente dos nosos viños e licores de calidade etiquetados en galego.
  • O libro “A fala dos viños 2008” no que recollen as adegas que no ano 2008 etiquetan os seus envases en galego: 125 adegueiros e colleiteiros que hoxe utilizan a nosa lingua na etiquetaxe dos seus viños e licores. Con esta campaña, de envio masivo a colleiteiros, restaurantes, viñotecas, grandes superficies, preténdese provocar o consumo dos nosos viños de calidade etiquetados na nosa lingua.