facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA

This a number of variations, Best Parmigiani Replica watch the movement of transporting all kinds, observed the Cartier opportunely the creative power, U-BOAT U42 Replica Breitling Avenger Replica not just collected all traditional complex function, but the Cartier characteristic very the Roger Dubuis Excalibur Chronograph Replica Watch innovation design.

Que ocorre cando as máis de 7000 festas que anualmente se celebran en Galicia  marxinan na súa programación a nosa  música, cultura e lingua?  As consecuencias son a minorización deses valores patrimoniais que deberan ter  presenza neses escenarios lúdicos nos que a maioría das xentes que os frecuentan teñen un sentimento, explícito ou implícito, de galeguidade.

 

Esa xustaposición evidencia unha disfunción cultural que temos que corrixir. A intervención das institucións públicas preséntase como necesaria a través de plans de actuación pedagóxica para corrixir tal estado de cousas, Pero tamén  é necesario que os cidadáns teñan unha actitude máis activa para crear un clima de opinión decisivo que estimule  a modificación dos criterios das comsións de festas.

 

Deixarmos levar por esta inercia autodestrutiva  suporá que en poucos anos as nosas festas serán irrecoñecibles e perderán os sinais de identidade  que se disolverán polas programacións que inculcan nas nosas xentes o desprezo polo propio, por todo aquilo que nos caracteriza como un pobo  con patrimonio cultural diverso e singular.

 

MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA é unha iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia dirixida  aos concellos, comisións de festas e entidades culturais do País para retomarmos o discurso da galeguidade nos espazos festivos, escenarios de gran transcendencia polo numeroso público que acude a eles e o volúme de negocio que producen que debería repercutir tamén no mantemento e pervivencia das nosas tradicións e maneira de estarmos nos mundo.