facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Lois Peña Novo 1998
26/06/1998
Reunidos na Casa do Concello de Redondela o día 24 de maio de 1998 os membros do xurado dos PREMIOS LOIS PEÑA NOVO integrado por D. Avelino Pousa Antelo, Presidente da Fundación Castelao; Dona Teresa Pedrosa Silva, Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais; Don Luís Nieto Lago, Secretario do Concello de Curtis; Don Xosé María Pin Millares, Xefe do Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo; Don Xosé Cabaleiro Fernández, en representación dos premiados na edición anterior e actuando como secretaria do xurado Dona Carme Pérez Vaquero, Secretaria da Xunta de Persoal do Concello de Redondela, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas acordan outorga-los Premios Lois Peña Novo nesta IV edición a:

DON XOSÉ ANTÓN GÓMEZ SEGADE, Catedrático de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela, pola súa actitude exemplar e transcendente de compromiso coa lingua galega no exercicio da docencia na Facultade de Dereito, da que é profesor, así coma na investigación, contribuindo, co seu exemplo, ó proceso normalizador da lingua galega. 

A título póstumo a DON DANIEL GARCÍA RAMOS, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola súa traxectoria, exemplo e entrega desinteresada durante a súa vida, ó proceso normalizador da lingua no mundo da xustiza. Subliña o xurado o merecemento deste premio a título póstumo a este mestre que en vida non aceptaba distincións polo que consideraba un deber, un compromiso coa súa terra e unha mostra da súa autenticidade vital.

Ó CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA e, en particular, ó seu representante D. Xerardo Estévez Fernández, pola importancia do seu labor ó fronte da institución pública e a dinamización do proceso normalizador da lingua que dende o ano 1984 se ven desenvolvendo no Concello. Subliña o xurado a repercusión que este tipo de actuacións ten non somente a nivel galego, senón que mesmo a nivel nacional e internacional, dada a importancia e relevancia histórica da cidade de Santiago de Compostela.

A DON VICTORINO GUTIERREZ ALLER, Notario de Lalín, polo seu FORMULARIO NOTARIAL EN LINGUA GALEGA e a importancia que este traballo ten no notariado recuperando a tradición xurídica galega interrompida hai séculos, facendo posible que os documentos expedidos por estes servicios recollan con exactitude o espírito dos cidadáns e cidadás que teñen por lingua propia a galega.

Á OBRA VOCABULARIO XURÍDICO, AFORISMOS E LOCUCIÓNS LATINAS dos profesores da Universidade de Vigo, DON  LUÍS RODRÍGUEZ ENNES e DONA LUISA BLANCO RODRÍGUEZ, pola transcendencia que esta publicación ten no campo do dereito, achegando a linguaxe xurídica galega ó alumnado das facultades e ós profesores en exercicio, facilitando, deste xeito, a normalización lingüística no ámbito da xustiza.

 



D. XOSÉ ANTÓN GÓMEZ SEGADE (Catedrático de dereito mercantil da U.Santiago): pola súa actitude exemplar e transcendente de compromiso coa lingua no exercicio da docencia.
  A título póstumo a D. DANIEL GARCÍA RAMOS (Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) : pola súa traxectoria e exemplo de entrega desinteresada ó proceso normalizador da lingua no mundo da xustiza.
  CONCELLO DE SANTIAGO e, en particular, ao seu representante D. Xerardo Estévez Fernández: pola importancia do seu labor ao fronte da institución pública e a dinamización do proceso normalizador da lingua desde 1984.
  D. VICTORINO GUTIÉRREZ ALLER (Notario de Lalín): pola súa obra “Formulario notarial en lingua galega”.
  D. LUÍS RODRÍGUEZ ENNES e Dª. LUISA BLANCO RODRÍGUEZ (profesores da U.de Vigo): pola obra “Vocabulario Xurídico, Aforismos e Locucións latinas”.