facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
ETIQUETADOS EN GALEGO, COMO TEN QUE SER!
02/02/2017
O sector agroalimentario galego ten demostrado estar ao máis alto nivel respecto da calidade e seguridade alimentaria dos produtos que ofrece no mercado, podendo competir de igual a igual con calquera outro país.

Neste compromiso coa calidade, ten feito unha aposta decidida polo aproveitamento sostible dos recursos naturais e pola recuperación de especies, razas e variedades tradicionais adaptadas ao noso hábitat, que permiten dar aos nosos produtos e ás nosas elaboracións unha personalidade propia, ligada ao noso clima e territorio, polo tanto inimitable.
 
Como garantía de orixe e singularidade, moitas das nosas explotacións agrarias, pequenos negocios artesanais e distintas industrias transformadoras e elaboradoras teñen dado un paso máis, etiquetando os seus produtos en galego. Tamén algunhas empresas de comercialización e distribución optaron por rotular os seus negocios e facer as súas campañas de publicidade en galego.
 
TÉMOLO AQUI, DO NOSO, MELLOR EN GALEGO!

Triptico