facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Galicia Confidencial -30 novas marcas para a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros
14/07/2014
Feiraco e unha das empresas de Rafael Cuiña estrán entre as trinta novas marcas do sector agroalimentarios incorporaronse á Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (IGARDI), unha das seccións do Foro E. Peinador.
O acto, celebrado esta fin de semana en Santo André-Ribadavia, contou coa presenza de representantes de empresas agroalimentarias e adegas de todo o país. Ademais, presentouse un anuncio publicitario para fomentar o consumo responsable e solidario coas marcas que etiquetan en lingua galega que será espallado a través das redes sociais. 
 
O vindeiro 25 de Xullo a IRGADE distribuirá cinco mil autocolantes co seguinte texto: "EU ETIQUETADOS EN GALEGO, E TI?". Precisamente, a cidade de Compostela convertirase nun banco de probas para esta campaña de consumo galeguizado en tabernas e restaurante.