facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Sétima asamblea da Irmandade da Sanidade Galega
25/11/2017
Coa presenza de numeroso público descubríuse una placa en lembranza dos irmáns Baltar Domínguez diante do que fora o primeiro sanatorio Baltar, no Campo do Cruceiro do Gaio en Compostela.
Iniciou o acto da sétima asamblea da Irmandade da Sanidade Galega o seu coordinador xeral o doutor Pablo Vaamonde, recordando o itinerario que durante os últimos anos percorreu a irmandade por toda a xeografía galega.
 
O presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia enmarcou o traballo que desenvolve a Irmandade no contexto da globalidade, suliñando a necesidade de remarcar a singularidade galega.
 
A Dra. Flora Miranda abondou nos argumentos que xustifican a importancia da relación médico-paciente utilizando o idioma galego para un mellor entendemento e diagnóstico das patoloxías.
 
Marisé Fernández deu lectura a acta dos acordos para o desenvolvemento dos actos programados con motivo desta nova asemblea da Irmandade na que 22 novos irmandiños e irmandiñas recibiron cadansúa beca e diploma acreditativo comprometéndose a desenvolver a súa actividade profesional en lingua galega.
 
D. Martiño Noriega, alcalde do concello de Santiago, recibíu a beca da Irmandade de mans de  D. Valentín García, Secretario xeral de Política Lingüística.
 
D. Ricardo Gurriarán fixo un percorrido polas biografías dos doutores Antonio e Ramón Baltar Domínguez.
 
O Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García, louvou o traballo que está a desenvolver a Irmandade da Sanidade Galega, felicitando aos novos irmandiños e irmandiñas no seu compromiso coa lingua.
 
O doutor e alcalde de Compostela, D. Martiño Noriega pechou o acto reiterando o dito sobre as figuras dos biografados e a importancia que ten para a normalización da lingua galega no ámbito sanitario o traballo da Irmandade tecendo rede social.


 Ver galería fotografíca