facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Bacelos de Prata 2005
07/05/2005

Na data 7 de maio de 2005 e por segundo ano a Asociación Álvaro das Casas entregou  os premios BACELOS DE PRATA que nesta segunda edición recairon sobre ADEGAS GALEGAS-GRUPO GALICIANO da denominación de orixe Rias Baixas  e na adegueira DONA MARÍA ÁLVAREZ SERRANO,  da denominación do orixe Ribeiro e propietaria da adega COTO DE GOMARÍZ.

O acto estivo presidido polo Presidente da Deputación Provincial de Ourense, D. Xosé Luís Baltar Pumar; por D. Carlos Varela García, Fiscal Superior de Xustiza de Galicia; por D. Avelino Muleiro García, Presidente da Asociación Álvaro das Casas; por D. José Luís Pérez Pérez, Delegado Provincial da Consellería de Cultura en Ourense e polo concelleiro de cultura da Concello de Ribadavia.

O acto estivo amenizado por un trío de música culta e para  a ocasión editouse a obriña de Álvaro das Casas Teatro dos nenos que foi entregada aos asistentes ao acto. Cabe suliñar a presenza entre os asistentes de D. Benito Reza, D. Luís García Mañá, D. Xoán Fonseca, D. Guillermo Campos, D. Francisco Novoa, D. Xosé Carlos Sierra, etc…

Despois do acto degustáronse os viños premiados no patio do pazo en agradable compañía de tódolos asistentes.

 



Sendo as 12.55 horas do día 2 de abril de 2005 reúnense, no Pazo dos Ulloa en Esposende-Ribadavia, os membros do xurado da II edición dos  premios BACELOS DE PRATA composto por D. Ignacio Orriols Fernández, Director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, D. Guillermo Campos Piñón, Periodista e gastrónomo, D. Xosé Carballido Presas, Xefe do Servizo de Infraestructuras agrarias da Delegación provincial de Política Agroalimentaria de Ourense, D. Luís Anxo Rodríguez Vázquez, Adegueiro  e  premiado na  edición anterior, D. Avelino Muleiro García, Presidente da Asociación Álvaro das Casas e actuando de secretaria Dª. Carmen Pérez Vaquero, Secretaria da Asociación Álvaro das Casas que logo de deliberaren sobre as propostas presentadas acordaron outorgar os premios BACELOS DE PRATA  2005 a:


ADEGAS GALEGAS-GRUPO GALICIANO, por ter nas súas marcas VEIGADARES, GALICIANO DÍA E GALICIANO NOITE, DON PEDRO DE SOUTOMAIOR, DON PEDRO TEMPO, etc…todos eles de grande calidade e recoñecido prestixio internacional, a normalización da lingua galega no seu etiquetado e na publicidade que fai nos distintos soportes publicitarios, incluso en revistas especializadas fóra das nosas fronteiras, promocionando a identidade cultural do País.
A DONA MARÍA ÁLVAREZ SERRANO, pola utilización da nosa lingua na etiquetaxe e na imaxe corporativa dos seus viños: COTO DE GOMARIZ, ABADÍA DE GOMARIZ, VX CUVÉ CACO, todos eles de calidade recoñecida, así como pola dinamización e sensibilización que produce o seu esforzo empresarial no medio agroalimentario que reforza a identidade cultural do Ribeiro.