facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Bacelos de Prata 2004
08/05/2004
O día 8 de maio de 2004 a Asociación Álvaro das Casas entregou,  no Pazo dos Ulloa en Esposende-Ribadavia, os premios BACELOS DE PRATA que foron constituidos para premiar o esforzo daqueles colleiteiros e adegueiros que utilizan a lingua galega na etiquetaxe e publicidade dos seus viños, tal e como Álvaro das Casas pretendía no ano 1936 co Manifesto da UCRA.  A asociación pretende, con estes premios, que impulsar o proceso galeguizador nun sector fundamental na economía de Galicia.


Nesta primeira edición os premios recairon na  COOPERATIVA VITIVINÍCOLA DO RIBEIRO, polo que supón como entidade representativa e pioneira en Galicia na recuperación do viño como produto e como cultura e no colleiteiro LOIS ANXO RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, tamén da denominación do orixe Ribeiro polo seu compromiso persoal coa lingua.

Para o acto a Asociación publicou o Manifesto da U.C.R.A., documento fundacional da Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avia que D. Álvaro das Casas fundou en xaneiro de 1936 pretendendo que a súa mensaxe, de pasmosa actualidade, calase nos colleiteiros da zona para que modernasen as técnicas de produción para conseguir viños de calidade e utilizando a lingua como sinal diferenciadora.

O acto estivo presidido por D. Roxelio Martínez, Presidente da Cooperativa do Ribeiro; D. Luís Domínguez, profesor de Hª económica da U. de Vigo; D. Andrés Mazaira Castro, vicerrector da U. de Vigo, campus de Ourense; polo concelleiro de cultura do Concello de Ribadavia e por D. Avelino Muleiro, presidente da Asociación Álvaro das Casas.

Entre os moitos asistentes ao acto, cabe destacar a presenza de D. Xosé Freire, Secretario Xeral do S.U.P.; D. Luís García Mañá, Xefe superior de Policía de Galicia; D. Carlos Varela García; D. Francisco Novoa, etc…

 



Sendo as 13.00 horas do día 24 de abril de 2004 reúnense, no Pazo dos Ulloa en Esposende-Ribadavia, os membros do xurado da Iedición dos  premios BACELOS DE PRATA D. Xosé Díaz Arias de Castro, deseñador gráfico, D. Miguel Anxo Fernández Fernández, escritor;   D. Guillermo Campos Piñón, periodista especializado en tamas vitivinícolas;  D. Xosé Carlos Sierra,  director do Museo Etnolóxico de Ribadavia;  D. Avelino Muleiro García, Presidente da Asociación Álvaro das Casas e actuando de secretaria Dª. Carmen Pérez Vaquero, Secretaria da Asociación Álvaro das Casas,  que logo de deliberaren sobre as propostas presentadas acordan conceder  os premios BACELOS DE PRATA  nesta primeira edición

 
  A COOPERATIVA VITIVINÍCOLA DO RIBEIRO, por ser unha entidade representativa e pioneira en Galicia na recuperación do viño como produto e como cultura e pola utilización de referentes lingüísticos, xeográficos e persoais, na etiquetaxe das súas marcas máis emblemáticas: PAZO RIBEIRO, BRADOMÍN, VIÑA COSTEIRA, ALÉN DA ISTORIA…É consideración do xurado animar a esta entidade para que profundice e estenda o uso do idioma galego en tódolos soportes de proxección dos seus produtos.
  A LOIS ANXO RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, por ter nas súas marcas máis significativas: VIÑA DE MARTÍN, no branco e A TORNA DOS PASÁS, no tinto, ámbolos dous de calidade recoñecida, normalizada a lingua galega no seu etiquetado e nos distintos soportes de difusión que utiliza.