facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
A SOCIEDADE RURAL: UN MUNDO EN TRANSFORMACIÓN

“RECUPERACIÓN DO MEDIO RURAL”
 
No mes setembro do ano 2005  levouse a cabo un segundo curso en colaboración coa Universidade de Vigo -campus de Ourense- sobre “A RECUPERACIÓN DO MEDIO RURAL” no que participaron máis de 70 alumnos da Universidade de Vigo.

En Galicia, o medio rural significa algo máis que o espazo no que se asenta o sector productivo agrario. Temos o reto de conquerir que un sector importante da poboación galega viva con dignidade no medio rural, frenar o proceso de envellecemento e o abandono do mercado rural histórico. Ademais, o rural en Galicia é un espazo sociolóxico, educativo e cultural. Por iso a Facultade de CC. da Educación e a Asociación Álvaro das Casas queren presentar este curso interdisciplinar que agardamos sexa do voso interese. Plantexámonos como obxectivos:
 
  • Achegarnos a distintos sectores dinámicos da historia do mundo rural, como son o movemento agrario, as propostas educativas e a memoria colectiva.
  • Debater as alternativas para o mundo rural que seformula dende sectores intelectuais, políticos e sindicais.
  • Analizar a relación existente entre medio rural e a perspectiva ecolóxica, cun exemplo estratéxico como é a Lagoa de Antela.







Programa


21 DE SETEMBRO DE 2005  (Casa Cultura do Carballiño)

9,30 h. Acreditación e recollida de documentación

10.00
h. Inauguración

10,30
h. A propiedade da terra en Galicia Ramón Villares Paz. Universidade de Santiago. Presenta: Luis García Mañá . Xefe Superior de Policía e escritor

12.00
h. As sociedades agrarias e o cambio rural no 1º tercio de século XX Raúl Soutelo. Profesor de Ensino Medio e Historiador. Presenta: Luis García Mañá . Xefe Superior de Policía e escritor

16.00
h. Visita a Moldes (Boborás): Casa Losada Diéguez

17.00
h. “Resposta a unha necesidade escolar do rural . Os mestres de ferrado.” Narciso de Gabriel. Universidade de Coruña Presenta: Xosé Manuel Cid Fernández. Decano da Fac. de Educación Ourense

18.30
h. “Por unha escola adaptada ao medio rural. Pasado, presente e futuro.” Antón Costa Rico. Universidade de Santiago. Presenta: Xosé Manuel Cid Fernández. Decano da Fac. de Educación Ourense


22 DE SETEMBRO
DE 2005  (Vilar de Santos)

09.00 h. Saída para o Museo da Limia (Vilar de Santos)

09.45 h. “O rural na memoria” Clodio González Pérez. Etnógrafo Presenta: Xan Rúa Prieto. Notario no Carballiño

11,00 h. Descanso

11,30 h. “A musealización do patrimonio rural” Xosé Carlos Sierra. Director do Museo Etnolóxico de Ribadavia Presenta: Carmen Vaquero Pérez. Secretaria Asociación Álvaro das Casas.

12,45 h. “O Museo da Limia” Xan Xosé Jardón Pedras. Historiador Presenta: Carmen Vaquero Pérez.

16,00 h. “A realidade rural e propostas de futuro” Lois Blanco e Xoan A. Soler. Xornalistas Presenta: Xosé Antonio Jardón Dacal. Delegado provincial da Consellería de Traballo e Industria

18,00 h. “A administración e o desenvolvemento rural” Mesa redonda con representantes de partidos políticos Presenta: Avelino Muleiro. Presidente Asoc. Álvaro das Casas

19,30 h. “Ecosistema e desenvolvemento agrario. O caso da lagoa de Antela” Xosé Benito Reza. Director Xeral na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Presenta: Antonio Piña. Maxistrado do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº. 3 de Ourense


23 DE SETEMBRO DE 2005
(Ribadavia)

10,30 h. “Mercados, prezos e producción agrícola” Eliseo Míguelez Díaz. Técnico da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural Presenta: Francisco Nóvoa González. Director Grupo Academia Postal

11,30 h. “O futuro de dous sectores clave: lácteo e vitivinícola” Xosé Turnes Pardes - Técnico Agrícola- e Xosé Carballido Presas. Director Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias Presenta: Luis Doval. Xuíz no Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción do Carballiño

12,30h. “A economía agraria vista polos seus protagonistas” Mesa redonda con representantes de sindicatos agrarios Presenta: Xosé González Martínez. Presidente da Fundación Premios da Crítica.