facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
I Curso sobre "O Viño"

No mes de setembro de 2004 a Asociación iniciou un curso de 300 horas sobre “O Viño” para persoas desempregadas no Pazo dos Ulloa, en Esposende, no que participaron máis de 20 alumnos da zona. O curso desenvolveuse tódolos días polas tardes, de luns a venres, e os sábados pola mañá, sen interrupción, ata o día 28 de novembro.

PROGRAMA:

MÓDULO I. Introducción. Duración: 45 horas.
  • O viño: conxunto de cultivo. Técnica. Producto comercial. Cultura.
  • Orixe e importancia histórica do viño.
  • O viño no mundo
  • Importancia do viño como sector económico en Galicia.
  • Influencia na cultura e na sociedade.

MÓDULO II. O viño como resultado dun cultivo e unha técnica. Duración: 120 horas.

Contidos:

1- Viticultura.
  • A vide
  • Patróns
  • Variedade
  • Influencia solo-clima
  • Plantacións
  • Podas
  • Tratamentos
  • Mecanización e maquinaria.
2- Enoloxía.
  • Recollida do froito
  • Elaboracións
  • Química e microbioloxía
  • Vinificacións
  • Coidado e seguemento do producto
3- Viño ecolóxico
  • Vinculación co medio ambiente
  • Agricultura sostible
  • Productos ecolóxicos
  • Plantacións ecolóxicas
  • Tratamentos ecolóxicos

 MÓDULO III. O viño como producto comercial: Duración:……….75 horas.

  Contidos:

1- Comercialización do producto:
  • Características do producto: alimento, complemento
  • Producto de calidade
  • Comercio do viño. Marketing
  • Publicidade
  • Distribución
2- Productos derivados:
  • Augardentes e licores
  • Subproductos.
3- Organización empresarial:
  • Recursos humanos
  • Xestión e dirección
  • Hixiene e seguridade

MÓDULO IV. O viño como cultura.  Duración:……60 horas.

1- Uso do viño.
  • Descorche e decantación
  • Temperatura de servicio
  • A importancia das copas.
2- A cata.
  • A vista
  • O gusto
  • Salas de cata
  • Perfil aromático.
PROFESORADO do Curso do Viño

MÓDULO I (30 HORAS)

Profesores: CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ (Étnólogo)
XOSÉ CARLOS SIERRA (Director do Museo de Ribadavia)
DURACIÓN: 30 HORAS

DATAS: 8 e 9/10 e 3-4/11

MÓDULO II (135 HORAS)

1.- Viticultura

Profesor: XUSTO VELOSO MOREDA (Biólogo)

DURACIÓN: 50 HORAS

DATAS: 13,14,15,16,20,21,29 e 30/10


2.- Enoloxía

Profesora: IRIA CERREDA (Química)

DURACIÓN: 43 HORAS

DATAS: 22,23,24,25,27 e 28/10


3.- Viño ecolóxico

Profesora: ROMINA ÁLVAREZ TRONCOSO (Bióloga)

DURACIÓN: 42 HORAS

DATAS: 10,11,17 e 18/10; e 7 e 8/11

MÓDULO III (85 HORAS)

1.- Comercialización

Profesores: ELISEO GONZÁLEZ RODRIGUEZ (Enxeñeiro agrícola)
XOÁN FACAL (Economista)

DURACIÓN: 35 HORAS

DATAS: 5,6,10, 11 e 14/11

2.- Productos derivados

Profesor: IGNACIO ORRIOLS FERNÁNDEZ (Director da Estación Enolóxica)

DURACIÓN: 15 HORAS

DATAS: 12 e 13/11


3.- Organización empresarial

Profesor: ANTÓN LÓPEZ BLANCO (economista)
DURACIÓN: 35 HORAS

DATAS: 17,18,19, 20 e 21 //11

MÓDULO IV (50 HORAS)

1.- Uso do viño

Profesores: LUIS LÓPEZ (enólogo)
PABLO VIDAL (Director do Consello Regulador)
DURACIÓN: 25 HORAS

DATAS: 22,24 e 25/11

2.- A cata

Profesor: PABLO VIDAL (Director do Consello Regulador)

DURACIÓN: 25 HORAS

DATAS: 26,27 e 28/11