facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Maios

Se o labor de D. Álvaro de las Casas Blanco foi importante para achegar á mocidade ós ideais do galeguismo, a Asociación Álvaro das Casas, seguindo a súa estela propúxose  recuperar,  na Comarca do Ribeiro,  os MAIOS  que levaban máis de 30 anos sen facerse. A recuperación iniciouse no ano 2004 convocando  o primeiro concurso e animando a  participar  na festa  tódolos centros de ensino  dos concellos  de Ribadavia, Cenlle, O Carballiño, etc….
 
Para presentar a  proposta  e ir fortalecendo a idea entre profesores e nenos, a Asociación Álvaro das Casas presentou no ano 2004  na Casa da Cultura do Concello de Ribadavia,  un video sobre os maios con guión de Clodio González Pérez e autoría de Pío García  e que foi divulgado polos colexios da zona.
 
 O traballo constante de Celso Domínguez –auténtico motor desta recuperación- e o  apoio do Concello de Leiro está facendo que cada ano a participación sexa maior, se a iso engadimos a ilusión coa que os veciños e veciñas da zona apoian aos rapaces na construción dos maios,  dámonos conta de que a recuperación da tradición, perdida durante tanto tempo, vai por bo camiño.