facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Consello da Cultura Galega - Premios Bacelos de Prata 2018
02/12/2018
A Asociación Álvaro das Casas fixo públicos os galardoados da duodécima edición dos Premios Bacelos de Prata, pensados para recoñecer o labor de empresas que apostan polo galego como marca de calidade na etiquetaxe dos seus produtos.
A Asociación Álvaro das Casas fixo públicos os galardoados da duodécima edición dos Premios Bacelos de Prata, pensados para recoñecer o labor de empresas que apostan polo galego como marca de calidade na etiquetaxe dos seus produtos. As entidades galardoadas nesta edición son a empresa de conservas vexetais ecolóxicas Conservas Amorodo, de Forcarei, e a adega Vermutería de Galicia, con sede en Padrón. A entrega dos premios celebrarase o vindeiro 1 de decembro, as 12:30 h, no Pazo dos Ulloa, en Esposende, Ribadavia.