facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
PREMIOS PEÑA NOVO 2019
27/05/2019
Un xurado composto por Manuel González González, catedrático de Filoloxía Románica da USC; Beatriz Corral Sánchez, técnica de normalización lingüística da SXPL; Xurxo Mariño, neurofisiólogo e profesor da USC; Obdulio Iglesias Otero, xefe da policía local de Gondomor e Carme Pérez Vaquero, secretaria da Fundacion Peña Novo, concedeu os premios Peña Novo na súa XXV edición.
Un xurado composto por Manuel González González, catedrático de Filoloxía Románica da USC; Beatriz Corral Sánchez, técnica de normalización lingüística da SXPL; Xurxo Mariño, neurofisiólogo e profesor da USC; Obdulio Iglesias Otero, xefe da policía local de Gondomor e Carme Pérez Vaquero, secretaria da Fundacion Peña Novo, concedeu os premios Peña Novo na súa XXV edición a:


MANUEL BERMEJO PATIÑO, Profesor Emérito da USC, pola coherencia na utilización da lingua galega durante toda a súa vida académica asi como pola contribución á preparación de materiais didácticos en galego para impartición de materias científicas e por escoller o galego como lingua vehicular en máis de 200 traballos da súa especialidade, de pedagoxía, de historia da ciencia ou de divulgación científica.







PAZ FILGUEIRA PAZ, Maxistrada do Xulgado de violencia de xénero en Vigo, por desenvolver a súa actividade profesional en galego desde hai máis de 20 anos exercendo un maxisterio galeguizador e prestixiando a lingua galega no ámbito xudicial, servindo de exemplo e estímulo para a adopción do galego como lingua vehicular na práctica xurídica.







CARLOS SALGADO LÓPEZ, Profesor titular do Departamento de Física de partículas da USC e Director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, polo seu compromiso coa lingua galega na súa actividade docente e investigadora facendo ver coa súa coherencia que en galego se pode facer investigación punteira do máis alto nivel contribuindo ao avance da ciencia no mundo.