facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
La Voz de Galicia - Marín conmemora as primeiras sentencias ditadas en galego
14/03/2019
A Irmandade Xurídica Galega e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Marín, conmemorarán este venres, ás 12.30 horas, as primeiras sentencias en galego ditadas no Concello de Marín.



A Irmandade Xurídica Galega e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Marín, conmemorarán este venres, ás 12.30 horas, as primeiras sentencias en galego ditadas no Concello de Marín. Aquelas resolucións foron elaboradas polos hoxe maxistrados Sandra Piñeiro Vilas e Xermán Varela Castejón.

Durante o acto, está previsto que se descubra unha placa nos xulgados da vila pontevedresa dando constancia deste feito histórico. De igual modo, os alcaldes do partido xudicial asinarán, pola súa parte, a denominada Declaración de Marín.