facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
A Xustiza fala galego na Fonsagrada dende hai 25 anos
18/07/2015
Este feito histórico, sen precedentes, é mérito de todos os funcionarios e funcionarias que foron pasando polo Xulgado.
Despois de vintecinco anos ininterrompidos de actividade xudicial en galego, a Irmandade Xurídica Galega e o Xulgado da Fonsagrada convocaron un acto para celebrar tan dilatado período de tempo de normalización lingúística.
 
Este feito histórico, sen precedentes, é mérito de todos os funcionarios e funcionarias que foron pasando polo Xulgado, e nomeadamente dos xuíces Xoán  Montes, Alberto Benéitez, Luís Villares e Eladio Portela, que fixeron facer do idioma oficial da totalidade dos veciños do Partido Xudicial o idioma oficial dos procedementos procesuais.
 
O acto contou coa presenza de moitos veciños que acudiron á praza situada fronte ao edificio xudicial , onde se celebrou o acto, e de profesionais do dereito procedentes de distinto lugares de Galicia.
 
Daniel do Pando e María Xosé Fernández puxeron a nota musical coa lectura de varios poemas acompañados do virimbau, instrumento de percusión bocal propio daquelas terras buronesas.
 
O acto foi conducido por Antía González Álvarez que foi dándolles as palabras aos devanditos xuíces,  profesor Gómez Segade, mestre de case todos eles, a Xoaquín Monteagudo Romero, presidente da Irmandade Xurídica Galega, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística e a Argelio Fernández, alcalde do Concello,