facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Pola Língua Galega no Dereito
24/09/2011
Seguindo na liña iniciada hai anos, a Irmandade Xurídica Galega (I.X.U.G.A.) vén convocando a cada pouco en distintos lugares de Galicia, novos encontros de profesionais do Dereito coa finalidade de incorporalos ao proceso de galeguización xurídica.
O pasado mes de setembro, en colaboración co concello da Estrada, levouse a cabo un novo acto no que avogados, procuradores, xuíces e funcionarios xudiciais se sumaron a este ambicioso proxecto regaleguizador da Administración de Xustiza. Cada vez son máis os operadores xurídicos que deciden apostar pola normalización da lingua galega na relación cos administradores e usuarios deses servizos profesionais, totalizando a maioría dos que exercen no partido xudicial da Estrada.