facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Colleita 2008, Máis Galega

A nova guía “A FALA DOS VIÑOS 2008: antoloxía de viños e licores etiquetados en galego”  relaciona os viños e licores galegos que hoxe utilizan o noso idioma na etiquetaxe cunha clara información, tanto visual como detallada, da adega, das castes de viño e dos tipos de licores que se elaboran no país así como calquera outra necesaria para a súa utilización. Este libro foi enviado a todos e cada un dos organismos oficiais de Galicia que son susceptibles de organizar eventos, presentacións, etc... así como aos restaurantes, concellos, adegas, viñotecas, grandes superficies,  etc... coa finalidade de provocar a utilización dos nosos produtos de calidade.

A accións desenvoltas no ano 2008 no sector empresarial do viño estiveron encamiñadas, todas elas, á aplicación do Plan Xeral de Normalización Lingüística no sector da empresa así como á promoción e defensa dos nosos produtos  de calidade, tendo como denominador común incorporar a lingua á etiquetaxe e difusión promocional dos mesmos.
 
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia vén,  desde hai anos, realizando un exhaustivo traballo de galeguización de sectores empresariais en Galicia. O que agora nos ocupa é o da  galeguización do sector vinícola que desde hai 5 anos (2003/2008) pasou de ter 15 adegas galeguizadas ao nada desprezable número de 125 adegas entre as 5 denominacións de orixe. Como mostra cómpre citar as porcentaxes nas que nos movemos:


ANO/PERIODO DETALLE ADEGAS GALEGUIZADAS PORCENTAXE
2003 Iniciase o traballo no sector do viño animando aos produtores e colleiteiros á utilización da nosa lingua na etiquetaxe dos seus viños. 15 3,4%
2004/2005 Despois de incidir no sector conseguese unha grande aceptación da nosa mensaxe 58 13,18%
2006/2007 Continuando co noso labor de apoio e incentivación do uso do galego na etiquetaxe dos viños, consiguese que utilicen a nosa lingua 105 23,86%
2008 Seguindo co labor de provocar adhesións no eido do sector vinícola, conseguimos 125 23,86%

  

Pode observarse claramente  a progresión de galeguización que se leva feito no sector. Esta progresión supón, por unha banda, a posibilidade de galeguización da economía de Galicia (o viño representa o 11% do PIB galego), que terá, por forza, efectos colaterais noutros sectores nos que aínda aniñan os prexuízos lingüísticos. Esa eclosión contaxiosa afectará aos sectores máis próximos, nomeadamente o sector agroalimentario.
 
A campaña publicitaria levada a cabo na prensa escrita o día 16.12.08 “Deixa que o viño fale: escolle un viño etiquetado en galego” volveu  incidir  sobre a sociedade para incentivar ao consumo de viño galego de calidade etiquetado na nosa lingua nas festas ou celebracións familiares, institucionais, etc… o texto  expresa,  dun xeito condensado e explícito,  todo o que a Asociación de Funcionarios pretende resaltar: ORIXE-CALIDADE-LINGUA. O anuncio publicitouse nos seguintes medios:
 
  1. La Voz de Galicia – edición xeral
  2. El Faro de Vigo – edición xeral
  3. El Progreso
  4. La Región
  5. Atlántico Diario
  6. Diario de Pontevedra
  7. El Correo Gallego
  8. Xornal Galicia
 
    




Independentemente dos anuncios en prensa,  a Asociación foi quen de poñer en circulación o anuncio DEIXA QUE O VIÑO FALE  na rede chegando a máis de 3000 correos electrónicos, páxinas web, blogs, etc…dando a coñecer a campaña e provocando debate nos participantes que fai que se estenda a mensaxe que se pretende (ex. “As uvas na solaina” “reidecopas.blogspot” “Galicia-Hoxe.com” “Galicia confidencial” “Ilustrísima” da Asoc. Carlos Casares, “Igadi”  “Consello da Cultura” etc…) facendo que éste teña un efecto multiplicador e chegue a moitísimas máis persoas que pola prensa cotiá. De igual xeito, fomos quen de poñernos en contacto con moitísimos escritores que fixeron artigos de opinión nos distintos medios.