facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
XIL RÍOS CON MÚSICA NA SENDA DE ROBERTO GONZÁLEZ PASTORIZA

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística congratúlase do apoio recibido polo movemento cultural a súa iniciativa.
Máis de corenta entidades culturais do Concello de Moaña solicitan do Concello o nomeamento de Fillo Predilecto para o cantante Xil Ríos. A proposta fóralle feita á Alcaldesa, dona Leticia Santos, pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) o pasado mes de Agosto, que agora recibe o apoio das entidades culturais. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística propúñalle ao Concello tal recoñecemento enmarcado na celebración da campaña das “Mil festas máis para a lingua galega”, que todos os anos celebra para galeguizar os espazos festivos.
Para a AFNLG estes recoñecemento a unha figura lendaria da música galega é un xustoi tributo de admiración de admiración e gratitude, que non debía adiarse máis co risco de caír no esquecemento, como aconteceu coas mesmas honras concedidas polo Concello a don Roberto González Pastoriza, avogado de fondo compromkiso galeguista, tamén recuperado grazas á iniciativa da Irmandade Xurídica Galega.