facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
EN GALEGO, AGORA E SEMPRE.
09/10/2012
Restituir a memoria Lingüística

En galego, agora é sempre é unha iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia que pretende estender o uso da lingua galega ao ámbito funerario e nas derradeiras vontades.Deste xeito seremos máis congruentes coa fala que sempre foi maioritaria na sociedade.

Cómpre facer un chamamento á cidadanía, nomeadamente os movementos sociais que a dinamizan, para restaurar a memoria lingüística dos nosos devanceiros.
Na vindeira festividade do 1º de novembro, teremos unha  nova oportunidade para rehabilitar a memoria cultural e lingüística do noso País.
Substituír as lápidas existentes nos camposantos, por outras escritas en galego, sería a mellor maneira de honrar a memoria dos nosos  seres queridos.
Con esa finalidade levouse a cabo na Entidade Local de Morgadáns un acto de reafirmación e restauración da memoria cultural e lingüística.
Don Xaime Luxilde, membro da  Entidade Local, abriu o acto explicando os motivos da convocatoria.
Don Xosé González, secretario da Asociación de Funcionarios, enfatizou o seu alcance facendo fincapé na necesidade de reafirmar a galeguidade tamén no ámbito familiar.
Don Urbano Esmerode, presidente da Entidade Local tivo tamén palabras acaídas nunha intervención chea de sentimento.
O Fiscal Superior de Galicia, don Carlos Varela García e don Xosé Luís Franco Grande, académico da Real Academia Galega, actuaron de notarios da sinatura da acta que foi subscrita por unha ampla representación dos veciños e veciñas que deixaron constancia da súa fidelidade de presente e futuro para a lingua galega.
O acto rematou coa descuberta dunha placa na porta principal do camposanto.

A Asociación de Funcionarios quere facer un chamamento aos concellos galegos, as entidades culturais e veciñais e a aquelas persoas sensibles ao feito cultural e lingüístico da nosa terra, para que programen actos semellantes a este en todas as parroquias de Galicia.


ARQUIVOS ADXUNTOS