facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
NA ESTRADA, POLO DEREITO
12/09/2011
No Concello da Estrada levarase a cabo o día 24 de setembro unha xornada sobre a galeguización do Dereito promovida pola Irmandade Xurídica Galega e o Concello. Foron invitados a participar no encontro todos os operadores xurídicos do partido xudicial, do que tamén forman parte os concellos de Forcarei e Cerdedo.
A utilización da lingua galega nos procedementos xudiciais perante todos os órganos xurisdicionais,  e a solicitude expresa para que estes dicten resolución na nosa lingua, segundo o disposto na Lei de Normalización  Lingüística, son os obxectivos da convocatoria.
Está previsto que un número significativo de profesionais  (avogados, procuradores, graduados sociais, xestores administrativos, asesores fiscais e laborais)  asuman a declaración da incorporación da lingua galega ós usos xurídicos e administrativos. 
O servizo de normalización lingüística do concello da Estrada apoiará esta iniciativa garantindo a protintude na tradución e corrección dos documentos que se lle soliciten.
A xornada dará comezo ás cinco da tarde na rúa Calvo Sotelo, coa descuberta  dunha placa no edificio onde vivíu o xuíz don Fermín Bouza Brey.
Unha hora despois, no Teatro  Principal,  en acto público, presentarase  o libro “Fermín Bouza Brey. Xuíz e galeguista” e proxectarase un documental sobre a figura deste egrexio intelectual.