facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
La Voz de Galicia - Promoven en Ourense o emprego do galego nas festas populares e lugares de lecer
18/06/2012
A campaña Mil festas máis para a lingua galega ten o apoio da Consellería de Cultura xunto coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e a Deputación ourensá
A Consellería de Cultura e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, presentaron a campaña Mil festas máis para a lingua galega, na que colabora a Deputación de Ourense. O obxectivo é apoiar o galego nas festas e nos ámbitos de lecer en Galicia. O presidente da Deputación, José Manuel Baltar, sinalou: «A exaltación da nosa lingua, dos nosos símbolos e da nosa cultura é unha tarefa de todos, porque non só se trata dunha cuestión de sentimento senón tamén de pertenza a un pobo». Xulio Fernández, do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, expuxo as claves do éxito galego da Romaría Raigame. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou a importancia de estender o uso do galego nos lugares onde a xente se divirte e nas festas. Esta campaña quere renderlle homenaxe a Prudencio Romo, director artístico do histórico grupo Los Tamara.