facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Xuices Honorarios 2008

No tempo que vai desde a constitución da Asociación de Amigos do Couto Mixto a hoxe, viñemos  realizando unha actividade continuada, ininterrompida, que sirveu para que aquela “República esquecida” sexa unha “Repúblicos de soños”. Petamos en tódalas portas e a todos lles pedimos colaboración para redescubir unha historia ben singular. Aos poucos fomos retirando a frouma que cubría ese período longo de tempo deses tres pobos arraianos coñecidos polos mixtos. Fixémolo con contancia e tempero. Velaí están os resultados: milleiros de páxinas escritas sobre o Couto Mixto –publicacións, documentais, reportaxes de prensa...-, traballos de reacondicionamento do vello Camiño Privilexiado, as iniciativas lexislativas dos parlamentos de Galicia, Europa e Congreso dos Deputados, cursos convocados polas univesidades galegas e portuguesas e, sobre todo, a emoción que fomos capaces de  contaxiar a milleiros de galegos e galegas.

No meu libro “Couto Mixto. Unha república esquecida”, digo que o mito desa república é unha realidade na literatura creativa galega. Pero é moito máis: é unha realidade territorial histórica para a que olla toda Galicia con admiración. Agora quédanos seguir traballando para que as institucións públicas argallen proxectos cobizosos que fagan destas terras arraianas un mundo habitable e cómodo, para que os seus moradores poidan disfrutar dos mesmos servizos e benestar social que teñen outros pobos.

O “Xuíces Honorarios” que vímos de nomear este ano son un expoñente das moitas esperanzas que temos postas  na reconstrución da historia e no futuro das súas xentes.



        Luís M. García Mañá.
Presidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto
 


 
 
 


 
 
D. Celso Delgado Arce

Deputado no Congreso dos Deputados, que apoiou á proposición non de lei sobre o Couto Mixto presentada nesta Cámara, de xeito que se atinxíu a unanimidade  de tódolos grupos parlamentarios para o recoñecemento histórico da realidade do Couto Mixto e de tódalas súas isngularidades, e, en especial, para fomentar o desenvolvemento de acción e iniciativas socioeconómicas  deste territorio.
 
D. Emilio Rial en representación de COREN

Grupo Alimentario, do que é conselleiro-delegado don Manuel Franqueira-Gómez Álvarez pola súa dedicación e entrega na posta en valor da Galicia rural interior, aproveitando as súas potencialidades, nomeadamente na comarca da Limia e, en particular, no Couto Mixto, territorios onde este Grupo Alimentario ten feita unha aposta decidida e valente.
 
Dna. Modesta Concepción Camiña, delegada provincial da Consellería de Presidencia en Ourense, representando ao Conselleiro, Sr.Xosé Luís Méndez Romeu.

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia pola súa xenerosidade e atención a tódolos asuntos relacionados co Couto Mixto, e a súa contribución e apoio a todas cantas accións de posta en valor deste territorio lle foron propostas pola Asociación de Amigois do Couto Mixto durante estes últimos anos.