facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
En galego, agora e sempre
31/10/2008

Os libros "En galego, agora e sempre" "En galego, agora e sempre" Vilagarcia recollen mandas testamentarias de máis de 300 persoas de toda Galicia, moitas coñecidas e outras persoas anónimas de cadanseu concello ou vila. O que se pretende con estes libriños,  que foron distribuidos por moitísimos concellos do noso País chegando polo tanto a moitísimas familias,  é protexer os nosos dereitos lingüísticos e incentivar á sociedade a que demande das notarías o testamento na nosa lingua. As mandas testamentarias recollidas neles conteñen unha parte importante dos afectos e sentimentos que se queren transmitir aos herdeiros e a obriga de dar cumprimento ao desexo de administrar o patrimonio común: a lingua e a cultura de Galicia.
 
Desde a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia pensamos que o rito testamentario debe transmitir os nosos valores culturais, velaí o porque destes libros.   Apoiándonos na confianza que debemos ter no futuro e co desexo de que sexa mellor có presente temos que darlle máis importancia á pervivencia da nosa identidade nacional e aos elementos que a conforman. Nomeadamente a lingua galega. Facérllela encomenda da súa protección e fomento aos nosos sucesores en actos notariais non está de máis. Non vaia ser o conto de que, por non dármollela importancia que o asunto ten, haxa malos entendidos e que aos nosos fillos e fillas, netos e netas, tanto lles teña vivir nunha Galicia desgaleguizada. Por insistir que non quede.