facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Declaración de Mondariz-Balneario
09/11/2009

"Declaración de Mondariz-Balneario"

Ramón Cabanillas foi, xunto con outros galeguistas, funcionario da Administración Local. Isto aconteceu na década dos anos trinta do século pasado. Por ese tempo tamén outros compañeiros seus -Arturo Noguerol e Lois Peña Novo- exerceron a mesmas funcións noutros concellos galegos. A ámbolos dous,  a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, dedicoulles varias actividades e publicacións destinadas a divulgar a súa obra e  exemplo de galeguismo na función pública.
O pensamento de Ramón Cabanillas está exposto na súa obra literaria. A lingua, a cultura, o patrimonio… foron motivos de preocupación para o autor cambadés. A Declaración que asinan os rexedores municipais onde exerceu a súa actividade funcionarial e  representación política, como foi o caso de Mondariz-Balneario, ratifican o desexo de galeguización da administración local, que ten os seus antedecentes na Declaración dos alcaldes galegos reunidos en Santiago de Compostela en maio de 1984, e recentemente, vintecinco anos despois, a convocada conxuntamente pola Asociación de Funcionarios, a Irmandade Xurídica Galega e a Federación Galega de Municipios e Provincias, o pasado mes de xullo. En ámbalas dúas declaracións os concellos asinantes comprometéronse a impulsar o proceso de normalización lingüística nas actividades administrativas e xurídicas.


                        Xoaquín Monteagudo Romero
                        Presidente da AFNLG