facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Lois Peña Novo 2004
24/06/2004

Sendo as 12.45 horas do día 18 de maio de 2004 reúnense, na Pousada do Castelo de Soutomaior, os membros do xurado da X edición dos Premios LOIS PEÑA NOVO, D. Alfonso Álvarez Gándara, Decano do Colexio de Avogados de Vigo como presidente; Dª. Teresa García-Sabell Tormo, Concelleira de Relacións Institucionais do Concello de Santiago de Compostela; D. Modesto Hermida García, Inspector de ensino medio e escritor; D. Xosé Freire López, Secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía (S.U.P), D. Xabier Senín Fernández, Subdirector xeral de Promoción cultural da Xunta de Galicia como vogais e Dª. Carme Pérez Vaquero, secretaria da Fundación Lois Peña Novo que actuou de secretaria do xurado, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas, acordan conceder os premios LOIS PEÑA NOVO nesta X edición a:

Ó CONSELLO DA AVOGACÍA GALEGA: pola transcendencia dun labor corporativo eficazmente planificado de cara á extensión e mellora do uso do galego en tódolos ámbitos da administración de xustiza, así como en cada sector institucionalmente relacionado coa avogacía, traballo que redunda en feitos concretos e verificables como son o “Formulario básico de procedemento xudicial en lingua galega” ou o proxecto “Com-Forma” e mailo “Glosario de galego xurídico”, en avanzado proceso de elaboración, así como os premios xurídico-lingüísticos “Amando Losada e Pedro González” que concede anualmente. (No debate e votación desta proposta ausentouse D. Alfonso Álvarez Gándara por considerarse parte interesada).

A DON CARLOS GONZÁLEZ HORRO, Fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra, pola súa constancia no uso do idioma do País en tódalas manifestacións da súa vida profesional, especialmente nas procesuais.

Ó CONCELLO DE LUGO, polo que significa como referencia positiva nun ámbito tan importante como o da Administración local galega, traballo do que deixa constancia en actividades como a xeralizada normalización lingüística en toda a actividade municipal.





CONSELLO DE AVOGACÍA GALEGA: pola transcendencia dun labor corporativo eficazmente planificado cara a extensión e mellora do uso do galego na administración de xustiza.
  D. CARLOS GONZÁLEZ HORRO (Fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra): pola súa constancia no uso do idioma en tódalas manifestacións da súa vidad profesional.
  CONCELLO DE LUGO: Polo que significa como referencia positiva nun ámbito tan importante como o da administración local galega así como pola normalización lingüística xeralizada na actividade municipal.