facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
DO NOSO MELLOR EN GALEGO
19/03/2017
Fixar poboacion e crear emprego no rural; facer rendibles as nosas explotacións agrarias e as industrias agroalimentarias.
Fixar poboacion e crear emprego no rural; facer rendibles as nosas explotacións agrarias e as industrias agroalimentarias;  identificar os seus produtos coa lingua que garante a denominación de oríxe; e corrixir os desequilibrios territoriais que a ameazan a cohesión social. Velaí as razóns desta campaña. Para o Foro E.Peinador –Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros é prioritario procurar consumidores conscientes nas grandes urbes de Galicia que se fidelicen a eles nas súas compras individuais e familiares.  Deste xeito aseguraremos os obxectivos sinalados.  Dirixímonos principalmente aos partidos e sindicatos sensibles co mantemento da nosa economía fronte ás foráneas que penetran con forza da man de grandes campañas publicitarias; pero tamén á cidadanía en xeral. Por esta razón están programados actos de promoción dos produtos etiquetados en galego en colaboración cos concellos que teñan a sensibilidade requirida. Princiupiamos unha xeira que percorrerá a xeografía galega nos próximos meses. Fixémolo xa en Ourense, Bueu e Mondariz.