facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
CHANO PIÑEIRO, BOTICARIO E CINEASTA GALEGUISA
23/11/2018
Falar de Chano Piñeiro é falar dunha tradición de boticarios que mantiveron enceso o lume da galeguidade en distintos ámbitos.
Forma parte dunha longa nómina de boticarios que tiveron fonda precoupación polo fomento e prestixio da nosa lingua. Perfecto Feijóo, creador dos coros galegos;  Vilar Ponte, cofundador das Irmandades da Fala ; Florentino López Cuevillas, figura sobranceira da Xeración Nós;López Abente, poeta; Domingo Fernández del Riego, militante da causa galeguista no ámbito relixioso…foron algúns dos que mantiveron na súa rebotica parladoiros que deron pé a grandes proxectos para a reconstrución da identidade cultural de Galicia.
 
Chano Piñeiro foi, excepcionalmente,o primeiro creador do cine en lingua galega. Facer cine no noso idioma sempre foi un soño de todos aqueles que desexaron contar coa sétima arte para prestixiar a nosa cultura, lingua e tradicións.  Chano sóuboo facer moi ben. “Mamasunción”, a súa ópera prima, é unha síntese perfecta da crise da sociedade rural galega de mediados do século pasado. A emigración provocou a desfeita das aldeas  coa perda dos seus valores patrimoniais;  esta película a mellor lección para explicala.
 
Na súa rebotica Chano,despois do tempo que lle deixaban as elaboracións das fórmulas maxistrais, matinou, primeiro, e conseguíu escribir despois, guións cinematográficos; algúns materializados como a xa mencionada Mamasunción. Pero tamén Sempre Xonxa,unha longametraxe ben traballada na que outra vez máis o medio rural é captado con fermoso realismo e lirismo pola lente da súa cámara.
 
A Irmandade da Sanidade Galega quixo renderlle merecida homenaxe vinte anos despois do seu pasamento coa colocación dunha inspirada e artística placa do escultor José Molares na fachada do edificio onde tivo a súa vivenda na rúa Menéndez Pelayo,26, en Vigo.
 
No acto participaron Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística; Carlos Varela García, fiscal da Fiscalía Superior de Galicia; Fernando Rozados, biógrado do cineasta; Iñaki Sáncehez, vicepresidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos que fixo posible coa súa colaboración a organización da homenaxe, e a súa vivúva Mari Luz Montes Quireza.

 


Galería fotográfica