facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
I.PARGA PONDAL VOLVE Á FACULTADE DE QUÍMICA
15/01/2015
Galeguizando a economía.
Moitos anos despois de ser expedientado e expulsado das aulas universitarias polo réxime franquista, un busto de Isidro Parga Pondal realizado polo escultor José Molares e subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.  Estamos seguros que a partir de agora deixara de ser un descoñecido para o alumnado da Facultade de Química, porque o egrexio científico recibirá todos os días aos que entren no edificio. Esta foi a idea que tivo o Foro E. Peinador cando se propuxo recuperar a súa memoria e dedicarlle o Día da Galeguidade Empresarial, que foi completado coa publicación da primeira biografía do xeoquímico escrita polo historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez, a máxima autoridade nos estudos sobre a ciencia e a USC.
 
No Salón de Graos da facultade celebrouse un acto académico no que interviron os reitores das universidades de Santiago e A Coruña, Conselleiro de Cultura Educación e O.Universitaria, Fiscal Superior de Galicia, presidente do Foro E. Peinador, e a decana da Facultade,como anfitrioa.
 
O profesor Ricardo Gurriarán Rodriguez disertou sobre as virtudes científicas e humanas que adornaron a vida do investigador máis sobranceiro do século XX.
 
O Presidente do Foro E. Peinador fixo fincapé na necesidade de galeguizar a economía con políticas lingüísticas que identifiquen as marcas comerciais cos nosos sinais de identidade, ao tempo que expresou a súa satisfacción pola "Declaración" que os reitores das tres universidades galega enviaron ás 100 empresas máis importantes de Galicia animándoos a incorporaren a lingua galega ás súas actividades.
 
O acto contou coa presenza de varios empresarios que nas súas alocucións  anunciaron a galeguización das respectivas empresas: Feiraco, Asociación Galega de Empresas de Arqueoloxía, Ciaxa Rural Galega, Grupo Aurela e o adegueiro  do Ribeiro, José Felicisimo Pereira.