facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Premio da Cultura 2016 á IXUGA
01/03/2017
A Xunta de Galicia vén de concederlle á Irmandade Xurídica Galega o Premio da Cultura Galega no apartado de lingua. Deste xeito recoñece o intenso e decisivo labor de dez anos de traballo ininterrompido na incorporación da lingua galega nos usos xurídicos e xudiciais.

A Irmandade Xurídica Galega -rama xurídica da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia- que aglutina a máis de douscentos profesionais do Dereito, tamén ten rescatadas biografias sobranceiras de xuristas que se identificaron coa defensa dos nosos valores patrimoniais.
 
As accións desenvolvidas pola Irmandade Xurídica Galega (IXUGA) sempre estiveron caracterizadas pola oferta positiva como única maneira de facer eficaz o seu labor e traducir os seus resultados coa incorporación dun número cada vez maior de profesionais ao seu propósito fundacional: darlle voz propia ás actividades dos órganos xurisdicionais e profesionais que interveñen neles.
 
O Premio da Cultura Galega é, pois, un recoñecemento que recibimos con agrado e como compensación ao inmenso traballo realizado dándonos pulo para todo o que queda por facer.