facebook
 
     
InicioObxectivosAmbitos de actuaciónAcciónsActosActos: HemerotecaPublicaciónsNovasNovas: HemerotecaGaleria fotografica  
Xulgados e notarias

A Asociación está a desenvolver unha  continua actividade nos xulgados e seccións de audiencias onde os seus titulares teñen manifestado a súa adhesión á normalización lingüística (xuntanzas permanentes, seminarios, etc…) boa proba disto son os acordos acadados cun número importante de titulares de xulgados das catro provincias galegas para a utilización da nosa lingua en todo o proceso xudicial.  Este acordo supón a unificación de criterios á hora de estender o uso da lingua galega no procedemento, superar as carencias que presentan os funcionarios adscritos aos mesmos e as medidas que desde a Xunta de Galicia se deben tomar para implementar as medidas acordadas. Aínda así, queda moito por facer neste ámbito, feito polo que a nosa Asociación mantén constantemente ese contacto, promovendo, dun xeito permanente, encontros con funcionarios e xuices para amparar e provocar o uso cotiá da nosa lingua na función xurisdicional.

As accións que se desenvolveron nestes anos deron como resultado:
  • O libro “Contos da xustiza” no que xuices, fiscais e funcionarios xudiciais de diversos ámbitos fan unha interpretación do seu labor profesional desde un exercicio literario no que diseccionan a realidade institucional na que actúan.
  • O libro “Formularios notariais” da autoría do notario de Lalín D. Victorino Gutierrez Aller, co que se pretendeu estender o uso da lingua galega nos protocolos notariais




  • O libro “Palabra de Lei” no que xuices, fiscais e funcionarios xudiciais de diversos ámbitos prestan a súa imaxe e emiten unha mensaxe coa finalidade de servir de exemplo na súa función xurisdicional e administrativa pretendendo espallar unha mensaxe galeguizadora en todo o ámbito.