El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 
     
PortadaInicioPremios Bacelos de PrataMaiosActosAccionsNovasNovas: HemerotecaPublicaciónsGaleria fotográficaVideoteca  
Entrega dos Premios Bacelos de Prata 2010
 


O 15 de maio de 2010 (sábado) foron entregados en Esposende-Ribadavia, no Pazo dos Ulloa, os Bacelos de Prata que na súa VII edición foron para ADEGA DURÁN, S.L.  da denominación de orixe Rias Baixas e o colleiteiro D. EMILIO DOCAMPO DIÉGUEZ da denominación de orixe Ribeiro, dúas adegas que traballan e apostan por  mellorar os viños, procurarlles mellor comercialización e identificalos coa lingua e a cul
tura do País onde nacen  e se elaboran, en clara sintonía cos obxectivos da asociación Álvaro das Casas que creou estes premios para recoñecer o esforzo daqueles colleiteiros e adegueiros que traballan na dirección de ELABORAR VIÑOS DE CALIDADE CON SINAL DE IDENTIDADE.

 

A adega do Pazo, que o amigo Cándido Vázquez  cede anualmente para este acto,  non é espazo calquera, foi nos primeiros días de 1936 onde se formalizou a creación da Unión de Colleiterios do Ribeiro do Avia (UCRA) de mans de D. Álvaro das Casas.  Unha iniciativa que de non ser pola sublevación militar que viría despois tería dado mellores froitos. Aínda así, pódese dicir que o actual cooperativismo do Ribeiro é o froito maduro da UCRA.


A Coral de Leiro, desta volta dirixida por Grisel Tessore, foi a encargada de poñerlle a música a un acto cheo de emotividade no que se recordou  a D. Francisco Fernández del Riego cunha canción popular que éste cantaba nas sobremesas cando se reunía cos amigos.


O acto estivo presidido polo o Fiscal Superior de Galicia, D. Carlos Varela García; o Secretario Xeral de Política Lingü
ística da Xunta de Galicia, D. Anxo Lorenzo, quen sinalou na súa intervención que a utilización do galego na etiquetaxe dignifica os nosos produtos e que coa súa utilización onde vaia o noso viño irá a nosa lingua; o Concelleiro de  Cultura do Concello de Rivadavia, D. Anxo Collarte, polo Presidente da Asociación Álvaro das Casas D. Avelino Muleiro García quen eloxiou aos dous empresarios premiados por seren capaces de poñer en valor os recursos da nosa terra e animounos a seguiren elaborando viños de calidade e por D. Xosé González Martínez, Presidente do Foro Enrique Peinador e membro do xurado que deu lectura á acta de concesión dos premios.

Pola súa banda, os premiados manifestaron palabras de agradecemento ao recibir a fermosa medalla de prata coa que son agasallados.  D. Emilio Docampo Diéguez,  na súa intervención dixo "que coa etiquetaxe estoulle dando o meu viño un valor engadido no mercado fóra do País, porque os produtos galegos son sinónimo de calidade". O outro premiado, D. Xosé Ramón Durán propietario da Adega Durán, manifestou  "mostrarse preocupado polo prestixio do idioma que nestes intres está afectado e que iso tamén afecta ao mercado do viño.  Sinalou que a súa aposta polo galego é unha forma de estar no mercado diferenciándonos e ofertando calidade".





 



  ADEGA DURÁN, S.L., da denominación de orixe Rias Baixas,  pola utilización da lingua galega desde o inicio da súa actividade comercial no ano 1989 na etiquetaxe e publicidade  da súa marca: VENTO MAREIRO, cento por cento uva albariña  do Salnés,  de grande calidade e  prestixio.
  D. EMILIO DOCAMPO DIÉGUEZ, da denominación de orixe Ribeiro,  pola incorporación ao proceso de galeguización do sector vinícola galego coa súa marca CASAL DE PAULA D.H. elaborada coa caste treixadura.